Ola mundo virtual!

8 Febreiro, 2026

By quenlla

Aquí me presento, Chamome Xulio e o meu alias pola redes e quenlla dende que existe o interne na Galiza. ou polo menos na minha cidade, pero xa iremos falando de min, mais adiante a medida que iremos facendo mais entradas deste blog…

Agora imos falar un pouco dun dos meus hobbyes ou afición, unha das principais son as motos, xa que me considero Moteiros dos pes a cabeza como se soe dicir, son un dos fundadores do G.M. Arrecarallo, e Webmaster da súa paxina.

Considero que un bo Moteiro ademais de ter e saber levar unha moto e ser consciente do significado de ir en dúas rodas e dos peligros que iso con leva na carreteira, estrada, vía publica, como mínimo debe conhecer e saber facerlle o mantemento a súa moto, e tela en perfecto estado, diso depende un 95% a vida dos que van subidos nela.

Aparte diso si so ti tocas na túa moto sen necesidade dun taller como no meu caso, logo si podes considerarte un Moteiros completo dos pes a cabeza, porque penso que non e o mesmo un Motorista, un Piloto de carreiras de motos e un Moteiro, inda que tamén podes ser dúas ou incluso as tres cousas a vez, pero ese non e o meu caso…

Tamén hai que ter en conta que dado a minha edade, empecei a aprender andar en moto na Puch Cobra, Montesa Impala, Bultaco Metralla, Ducati Durin 500 e 900, Benelli 750, Honda CBX 1000, Aduben nestas todas, algunha da minha propiedade, puros ferrotes…

Estas son as minhas burrinhas actuais, empezamos pola unha das veterana.

HONDA CBR-100F do 91

1- Esta e a minha clásica imprescindible, a HONDA CBR-1000F do 1991 esta toda orixinal menos os escapes, evidente mente polo tema de conservación, fabricados na casa, replica duns yosimura, pero todo en aceiro inoxidable 316, freos de competición, e amortiguación melloradas, os cores tamén orixinais de Benetton que sacou o ultimo modelo do 91 fabricada para España, inda que o stok durou hasta o 92 e hai remataron as ventas das novas.

Esta ten agora 35 anos, e esta mellor que de nova, sobre todo en tema de suspensións e frenos, xa que agora a amortiguación evolucionou bastante, e daquela esta moto con case que 300 kilos de peso a amortiguación da época pecaba un pouco de blanda, e os frenos ían un pouco xustos asique cunha voa amortiguación de agora mais uns mellores frenos a moto mellorou moito…

Esta moto e unha moto deportiva-turismo moi emblemática de modelo dos principios dos 90. Non era unha “RR” como as actuais, senón máis ben unha sport-touring rápida, cómoda e moi avanzada para a súa época.

O interesante deste modelo.

Foi unha das primeiras “hiperdeportivas civilizadas”: rápida pero utilizable en viaxes longas.

Tinha carenado completo moi aerodinámico (inspirado en túnel de vento).

Era moi estable á alta velocidade, algo clave na súa época.

2- Imos coa segunda veterana que temos de reposto, a HONDA CBR-100F do 1990

HONDA CBR-1000F do 90

O mesmo modelo que o anterior, a diferenza desta a do 91 e que esta esta co motor case que reformado de novo, o carburador o mesmo, os cores son personalizados, ou sexa que foi unha adquisicións por capricho para restaurar na casa os poucos e tela de reposto.

Tamén hai que decir que a do 91 o ser dun ano mais nova ten algunhas melloras xa de fabricacións como por exemplo amortiguación nos faros dianteiro e posterior así como nas intermitencias, tamén lle melloramos amortiguación e os frenos como a anterior, os escapes son unha replica dos orixinais pero en Inox…

3- Imos coa xa non tan clásica pero para min como seguidor de honda una das mais míticas, a HONDA VFR-1200F

HONDA VFR 1200F

Esta minha e do 2011 e o cambio e manual, como eu prefiro.

A Honda VFR 1200F é unha das sport-touring máis avanzadas que fixo Honda. Salió en 2010 e fabricou ata 2016, substituíndo en parte ás VFR800 pero cun enfoque moito máis potente e tecnolóxico sobre todo o doble carenado aerodinámico e espectacular a altas velocidades…

Persoalmente a min como veterano na materia, algo que me impresionou desta moto fou a súa adaptabilidade na conducción, cando te subes a esta moto, e como por un guante a medida perfecto, e cando a conduces a sensación e diferente a outras motos, e como si non foses enrriba dunha moto vas dentro dela.

Baixo o meu punto de vista esta moto, como pasou con algún outro modelo de honda, adiantouse moito a súa épocas, sobre todo na súa estética, tanto que a maioría o vela non entenderon o concepto, a xulgaron sen sequera avela probado, ala polo ano 2020 esta moto empezou a triunfar, moitos Moteiros querían unha, sobre todo despois de próvala pero honda xa había catro anos que deixara de fabricala, por iso a dia de hoxe e unha das motos de segunda man mais cotizadas do mercado …

Aquí vos deixo unhas cantas fotos das tres…

Deixa un comentario