De quen si non? e o meu Blog:-)
Como prometín anterior mente falar algo de como son, da minha forma de ser ou pensar, pois hai vai.
Xulio o Meco da Laxe, Quenlla o do Arrecarallo, chámame como ti queira, son do Ano 63 dunha Nación ou pais do estado Espanhol, para os prostitucionalistas, eses mesmos que cando eu era un rapaz che prohibían unha chea de cosas, entre elas falar o meu idioma nai e meterme de hostias para inculcarme unha cultura allea, para eses seguimos sendo dunha rexión de Espanha, dunha comunidade como as de montes chamada Galicia.
E importante saber de que parte e de que ano e cada quen, pois para min non, pero si víviche na ditadura, pois por exemplo sabendo so iso xa sabemos muito, e si porriba conhecemos en que escola fuches adoutrina@, e si ademais conhocemos que opinas agora de todo aquelo, pois xa temos un plano perfecto da clase de persoa que es, so iso, inda que a min non me importa quen sexa cada quen, si gústame que os demais saiban o imprescindible de min, asi evítanse malos entendidos e perdida de tempo, prefiro que ninguén suba o meu tren que despois eu ter que botalos del…
O igual que todo ser vivo non decidín nacer, nin vou decidir morrer diso xa se encarga a lei da natureza, pero no meu caso e a estas alturas da minha vida e a minha idade, xa podo dicir que vivín como quixen, e o que me queda, fareino como me saia do carallo, sempre que os prostitucionalistas non me venhan toca lo carallo, que con estes pódese esperar calquera cousa menos algo que sexa vo.
O de decidir morrer tampouco o descartaría por unha causa xustificada, inda que non se debe falar destas cousas, hai que fala sempre en positivo e do arte de sacarlle proveito a vida que nos tocou vivir en parte, ou que elíxemo en certa medida..
Sempre procurei fuxir das persoas competidora e materialistas entre si, so para ter e ser mais que o de enfronte, para poder mirar o próximo porriba do lombo e se se terza de paso criticar porque si.
E o peor e o que fan algúns por ter moito non para vivir, senón para ter o máximo posible para intentar ser mais cos do arredor, tanto o carto como o cargo, a enfermidade ou a saúde cambian as persoas ata uns extremos insospeitados, o Dr. Jekyll o lado de algúns da a risa.
No meu caso o que tenho non me sobra, nin me falta, para min e o suficiente para levar unha vida digna, daquela cuido que debín facer ven as contas.
xamais pisei nin desexei mal a ninguén, todo o contrario, pero tampouco xamais me arrastrei, non chupei ningún cu inda que fose sin pelos, nin lambín ningunha fístula con pus nin sin el, por iso quizais sempre esta un exposto a levar mais hostias das que debería e as costas fosen mais empinadas do normal, todo por haber tanta xentinha dándose empurróns por chupar cu con rústrallo incluído, iso eche o nivel de dignidade e o amor propio que moitos se gastan, sobre todo os prostitucionalistas…
Para min algo moi importante, xamais renunciei as minhas crenzas do que esta ven e o que esta mal, nin das minhas raíces e cultura dos meus ancestros, nin das minhas convicción políticas e persoais, en definitiva de ser fiel a un mesmo e de ter limites que non podes traspasar xamais.
Agora estou profundamente ocupado en facer o que me fai mais feliz, en pasalo ven cos meus, e en desfrutar da vida cada minuto, daquela irei ponhendo algunha anécdota pasada, e algún que outro viaxe ou ruta de moto cos que sempre están e seguiran hai ata o final do viaxe, eso si, de cando en vez e tenha un oco libre, porque para os que me conhecen os que somos como min nunca cambiamos, procuramos evolucionar, corrrixirnos e sobre todo non deixar de aprender ata morrer, pero savedes ven que sempre temos o noso oco libre e altruísta pare botar a man a quen o necesita e o merece,
E como xa sabedes un dos meus hobbyes son as motos, si queredes mirar o outro meu Blog mais orientado a outra das minha aficións que ten que ver coa informática, agora mesmo en concreto os servidores caseiros, todo que sexa servizos auto aloxados, Nas, Cámaras de vixilancia, estación de detección de faina local, etc…
Visita este outro meu Blog dun aficionado mais, agora se buscas a licenciados, titulados, gurús e profesionais, sobre todo nas redes sociais están cheas deles, daquela busca noutro lado, e por outra banda tedes o cerebro artificial da IA, que mira si a xente de agora e lista, que xa me informei de moitos que acuden a IA Pro, para saber o numero da lotería que vai saír, a quen votar e cousas polo estilo, o único claro disto e que o virus dos idiotas, vai ser a única pandemia que extermine a raza humana.
Vémonos por aquí ou pola estrada, ou nalgún que outro abrevadeiro…